Este sitio web guarda pequeños fragmentos de información (cookies) en su dispositivo con la finalidad de ofrecer un mejor contenido y para finalidades estadísticas. Usted puede desactivar el uso de cookies modificando la configuración de su navegador. Navegar por nuestro sitio web sin cambiar la configuración del navegador hace que usted nos esté autorizando a guardar esta información en su dispositivo.
Estoy de acuerdo Ver política completa
A cita, que conta un ano máis co apoio de Naturleite, congregará en Meira a máis de 60 equipos repartidos en seis categorías, desde premini ata sénior.
13.08.2026. Meira volverá converterse este sábado, 15 de agosto, en punto de encontro para os afeccionados ao baloncesto coa celebración dunha nova edición do Torneo 3x3 Naturleite Vila de Meira, unha cita xa consolidada dentro do calendario deportivo e festivo da localidade.
A directora de Naturleite, María Jesús Peteira, participou onte na presentación oficial do torneo xunto ao delegado territorial da Xunta de Galicia en Lugo, Alfonso Villares, e os organizadores do encontro, Óscar Fernández, Manuel Huerta e Miguel Rodríguez, entre outros.
A edición deste ano volverá destacar pola súa elevada participación. Máis de 60 equipos e arredor de 240 xogadores formalizaron a súa inscrición nas seis categorías previstas, que abranguen desde premini ata sénior. Deles, 21 equipos competirán na categoría sénior, mentres que o resto corresponden ás diferentes categorías de base.
Co seu apoio a esta iniciativa, Naturleite mantén o seu compromiso cunha actividade estreitamente vinculada a Meira e que combina deporte, convivencia e participación social, cunha atención especial á promoción de hábitos saudables e á práctica deportiva entre os máis novos.
O Torneo 3x3 Naturleite Vila de Meira celébrase ademais coincidindo coas festas patronais do municipio, reforzando o seu papel como unha das propostas que cada verán contribúen a dinamizar a localidade e a reunir veciños e visitantes arredor do deporte.