Este sitio web guarda pequeños fragmentos de información (cookies) en su dispositivo con la finalidad de ofrecer un mejor contenido y para finalidades estadísticas. Usted puede desactivar el uso de cookies modificando la configuración de su navegador. Navegar por nuestro sitio web sin cambiar la configuración del navegador hace que usted nos esté autorizando a guardar esta información en su dispositivo.
Estoy de acuerdo Ver política completaNaturleite, cuxa planta de produción está situada en Meira (Lugo), é unha empresa do grupo COVAP desde 2018 e dedícase á fabricación e comercialización de produtos lácteos desde xaneiro de 2019, tras a materialización da compra da rama de actividade a Leite Celta.
A Cooperativa Ganadera del Valle de los Pedroches (COVAP) nace en 1959 ao norte da provincia de Córdoba co fin de achegar un novo concepto agroalimentario que vai máis aló da agricultura e a gandaría tradicional. A día de hoxe é a cooperativa de primeiro grao máis importante de España.
Contamos cun persoal de máis de 90 traballadores directos e unha recollida de 120 millóns de litros para este exercicio.
Co inicio da actividade de Naturleite no mercado galego, o mercado lácteo por excelencia a nivel español, quixemos consolidar a nosa aposta por unha maneira de facer que vai máis aló dunha industria láctea convencional.
A nosa orixe e ADN son gandeiros, por iso o noso modelo está baseado nunha relación estreita coa nosa contorna e, como non podería ser doutra maneira, cos nosos provedores, os nosos gandeiros.
Proxectamos o noso método de traballo baseado na cultura de axudar, no traballo en equipo. Non só nos centramos en pagar un prezo correcto e digno ao gandeiro, senón tamén en traballar estreitamente para mellorar a súa rendibilidade e a súa produtividade grazas ao noso amplo coñecemento, froito de décadas de traballo con eles.
O 100 % dos gandeiros son galegos e os máis de 120 millóns de litros que se recollerán serán transformados en Galicia.
Industrialmente apostamos pola ampliación de referencias lácteas, o que levou un forte programa de investimento superior aos 17 millóns de euros para actualizar a tecnoloxía e mellorar o día a día dos nosos traballadores.
Adaptamos as nosas capacidades ás oportunidades que o mercado e o noso cliente Mercadona nos brindaron.
Unha das nosas grandes apostas foi a liña de leite fresco, que estará operativa na práctica totalidade das tendas Mercadona da península e mesmo das illas Canarias este próximo verán.
O noso compromiso é facer de conexión responsable entre os dous elos da cadea alimentaria con que nos atopamos, os nosos gandeiros e a distribución, para facela sustentable e coherente.