Este sitio web guarda pequeños fragmentos de información (cookies) en su dispositivo con la finalidad de ofrecer un mejor contenido y para finalidades estadísticas. Usted puede desactivar el uso de cookies modificando la configuración de su navegador. Navegar por nuestro sitio web sin cambiar la configuración del navegador hace que usted nos esté autorizando a guardar esta información en su dispositivo.
Estoy de acuerdo Ver política completa
Lugo vive esta fin de semana unha nova edición de Deporte na Rúa, unha iniciativa promovida por La Voz de Galicia, coa colaboración do Concello de Lugo e da Xunta de Galicia, que achega diferentes disciplinas deportivas a varios espazos da cidade.
A proposta nace co obxectivo de fomentar a práctica deportiva, promover hábitos saudables e dar visibilidade a modalidades que, en moitas ocasións, contan con menor presenza mediática, achegándoas directamente á cidadanía en prazas, parques e zonas urbanas.
Naturleite súmase a esta cita como patrocinadora, reforzando o seu compromiso coas iniciativas que contribúen a dinamizar a contorna máis próxima, crear comunidade e fomentar estilos de vida activos. A directora xeral de Naturleite, María Jesús Peteira, participa este venres no arranque do evento, en representación da compañía.
Durante toda a fin de semana, nenos e nenas, mozos, familias, clubs e público en xeral poderán gozar de actividades, exhibicións e propostas deportivas ao aire libre. Ademais, Naturleite entregará mochilas e botellas aos participantes, como recordo dunha iniciativa pensada para gozar do deporte e vivir Lugo desde a rúa.
Desde Naturleite destacan a importancia de apoiar propostas que contribúen a encher de vida os espazos públicos e a reforzar o vínculo coa comunidade local.