Aviso de cookies

Este sitio web guarda pequeños fragmentos de información (cookies) en su dispositivo con la finalidad de ofrecer un mejor contenido y para finalidades estadísticas. Usted puede desactivar el uso de cookies modificando la configuración de su navegador. Navegar por nuestro sitio web sin cambiar la configuración del navegador hace que usted nos esté autorizando a guardar esta información en su dispositivo.

Estoy de acuerdo Ver política completa


Naturleite abre as portas aos seus gandeiros


Naturleite comeza unha rolda de visitas na que abre as súas portas aos gandeiros cos que traballa para seguir reforzando a súa filosofía, baseada na cultura de axudar, no traballo en equipo, nunha cadea na que cada elo conta para garantir o control e a calidade dos produtos.

Precisamente estes valores son os que destacou o director xeral de Naturleite, Antonio Larrea, ao recibir esta mañá nas instalacións de Meira (Lugo) aos propietarios das granxas Alvite SAT 1337 XUGA, Catro Caminos SAT, Edrosa Rábade SC, Ganadería Gómez Luaces, Ganadería Sandamil SC, Los Alegres SC, Madra SC, O Canal Carballosa SL, Ramallal García Ana María, Salgado Buíde SC, Vilarino Vizaíno Jesús e Villamel Teijeiro M. Luisa.

Larrea repasou os pasos andados no último ano, os servizos aos que os gandeiros teñen acceso para mellorar a eficiencia das súas granxas e a transparencia coa que se pretende seguir traballando.

Durante a visita, na que coñeceron desde a zona de descarga do leite ata a parte de almacén pasando por todos os procesos de control de calidade, envasado, empaquetado e produción de leite fresco, os gandeiros estiveron acompañados tamén por parte do equipo de campo e a súa directora, Matilde Hernández, quen destacou a importancia de interactuar, coñecer a cadea de produción e conseguir ser o máis eficientes posible.

Naturleite continuará esta rolda de visitas durante as vindeiras semanas.