Este sitio web guarda pequeños fragmentos de información (cookies) en su dispositivo con la finalidad de ofrecer un mejor contenido y para finalidades estadísticas. Usted puede desactivar el uso de cookies modificando la configuración de su navegador. Navegar por nuestro sitio web sin cambiar la configuración del navegador hace que usted nos esté autorizando a guardar esta información en su dispositivo.
Estoy de acuerdo Ver política completa14.10.2024. A directora xeral de Naturleite, María Jesús Peteira, asinou un acordo de patrocinio con Diego Méndez, presidente do club de baloncesto Vila de Meira, para patrocinar ao equipo co obxectivo de fomentar este deporte no municipio.
O convenio inclúe a colaboración de Naturleite na primeira e na segunda equipación de xogo como principal patrocinador. Trátase dun proxecto que pretende afianzarse nos próximos anos para converterse en referencia na zona, sobre todo para os máis novos interesados neste deporte, que actualmente teñen que percorrer longas distancias para practicalo de forma federada.
Polo momento, a entidade recupera o seu conxunto sénior masculino, que compite na Terceira Autonómica, organizada pola Federación Galega de Baloncesto (FEGABA). Dentro da categoría, o CB Vila de Meira foi encadrado nun grupo xunto a outros equipos da zona centro de Lugo, de Ferrol e da Coruña.
Disputará unha primeira fase nunha liga de nove equipos e en función da súa clasificación proseguirá a competición nunha segunda fase.
O baloncesto é un deporte moi ligado á localidade meirega. O primeiro club inscrito data de 1993, do cal tomou testemuño despois o Vila de Meira ata o 2011. A relación de Meira con este deporte tamén se ten sustentado no torneo 3x3 que se celebra nas festas patronais. Tras un longo parón, foi recuperado hai dous anos con gran éxito de participación, tanto en categorías sénior como de base.
Precisamente, este verán cumpríronse trinta anos dende a primeira edición. Naturleite colaborou no desenvolvemento dunha xornada que contou coa visita de Juan Carlos Navarro, ex xogador profesional de baloncesto e un dos mellores deportistas españois nesta disciplina, que mantén lazos familiares na zona.