Este sitio web guarda pequeños fragmentos de información (cookies) en su dispositivo con la finalidad de ofrecer un mejor contenido y para finalidades estadísticas. Usted puede desactivar el uso de cookies modificando la configuración de su navegador. Navegar por nuestro sitio web sin cambiar la configuración del navegador hace que usted nos esté autorizando a guardar esta información en su dispositivo.
Estoy de acuerdo Ver política completa
04.08.2025. Esta mañá presentouse oficialmente o Torneo 3x3 Naturleite Vila de Meira, un evento deportivo que celebrará a súa próxima edición cunha novidade importante: o torneo incorpora na súa denominación, por primeira vez, o nome de Naturleite, empresa patrocinadora con sede no propio concello de Meira.
O acto de presentación contou esta mañá coa participación de Javier Arias, delegado da Xunta de Galicia en Lugo, e María Jesús Peteira, directora xeral de Naturleite.
Durante a súa intervención, María Jesús Peteira destacou que “para Naturleite é un orgullo que este torneo leve o noso nome, non só polo que representan os seus valores deportivos, senón tamén pola súa importancia no calendario festivo e social de Meira, un lugar que forma parte esencial da nosa identidade como compañía”.
Con esta iniciativa, Naturleite reforza o seu compromiso co tecido empresarial e social da localidade lucense, nun esforzo por contribuír ao desenvolvemento de actividades que fomenten a participación, os valores saudables e o orgullo de pertenza a esta comunidade.
O Torneo 3x3 Naturleite Vila de Meira celebrarase o vindeiro 16 de agosto coa participación de equipos de toda a comarca, consolidándose como unha cita imprescindible para os amantes do baloncesto e unha xornada de convivencia para todos os veciños da zona.