Este sitio web guarda pequeños fragmentos de información (cookies) en su dispositivo con la finalidad de ofrecer un mejor contenido y para finalidades estadísticas. Usted puede desactivar el uso de cookies modificando la configuración de su navegador. Navegar por nuestro sitio web sin cambiar la configuración del navegador hace que usted nos esté autorizando a guardar esta información en su dispositivo.
Estoy de acuerdo Ver política completa
23.09.2024. A directora xeral de Naturleite, María Jesús Peteira, entregoulle un lote de material escolar a José Luis Fernández, secretario provincial da Cruz Roja de Lugo, no marco da campaña Montaña de Solidariedade, cuxo obxectivo é axudar nesta volta ao cole a nenos e nenas en situación de vulnerabilidade.
María Jesús Peteira recoñeceu no acto que "a iniciativa foi todo un éxito e estamos moi orgullosos de poder colaborar a través destes pequenos actos cos máis necesitados da nosa contorna. O noso compromiso coa xente que nos rodea é claro e estamos moi seguros de continuar con esta filosofía". En total, doáronse 150 kits de material escolar entre bolígrafos, pegamentos, regras, tesoiras, gomas de borrar, afialapis, cadernos, ceras e rotuladores.
Pola súa banda, dende Cruz Roja de Lugo agradeceron este xesto solidario, que segundo indican "axudará a aqueles fogares que máis o precisan, facilitando que os nenos e nenas teñan o material escolar necesario para este novo curso. Esta colaboración é un gran exemplo de como xuntos podemos marcar a diferenza".
Non é a primeira iniciativa que ambas entidades levan a cabo e tampouco será a última. Precisamente, Peteira e Fernández xa anunciaron que Naturleite colaborará de novo con Cruz Roja de Lugo na campaña de Nadal de recollida de xoguetes.