Aviso de cookies

Este sitio web guarda pequeños fragmentos de información (cookies) en su dispositivo con la finalidad de ofrecer un mejor contenido y para finalidades estadísticas. Usted puede desactivar el uso de cookies modificando la configuración de su navegador. Navegar por nuestro sitio web sin cambiar la configuración del navegador hace que usted nos esté autorizando a guardar esta información en su dispositivo.

Estoy de acuerdo Ver política completa


Naturleite entrega un segundo lote de 15.000 litros de leite ao Banco de Alimentos de Lugo


06.11.2020. Naturleite fixo entrega na tarde de onte dun lote de 15.000 litros de leite ao Banco de Alimentos de Lugo para que cheguen ás familias máis desfavorecidas nesta crise. É a segunda vez que a empresa realiza unha donación deste tipo, neste caso, un total de 16 palés duns 900 litros cada un.

O equipo de Naturleite considera que “a situación de moitas familias é grave como consecuencia da pandemia que estamos vivindo e queríamos seguir aportando o noso gran de area. O noso xesto pode ser de grande axuda para aqueles que estean atravesando por un mal momento”.