Aviso de cookies

Este sitio web guarda pequeños fragmentos de información (cookies) en su dispositivo con la finalidad de ofrecer un mejor contenido y para finalidades estadísticas. Usted puede desactivar el uso de cookies modificando la configuración de su navegador. Navegar por nuestro sitio web sin cambiar la configuración del navegador hace que usted nos esté autorizando a guardar esta información en su dispositivo.

Estoy de acuerdo Ver política completa


Naturleite garante a produción cun incremento dun 53 % nesta última semana


  • A empresa pon en valor o traballo do sector primario, en especial dos gandeiros, durante esta crise sanitaria.

14.03.2020. A factoría central de Naturleite, na localidade lucense de Meira, adopta medidas extraordinarias para continuar producindo a pleno rendemento e dar cobertura á demanda do mercado.

Desde a industria láctea recoñecen ter aumentado o seu nivel de produción nun 53 % nesta última semana e os traballadores están facendo un esforzo maior ao traballar máis horas das habituais; mesmo hoxe, sábado, día no que normalmente non hai proceso de envasado, si que se levará a cabo para sacar adiante máis cantidade de produtos lácteos.

Neste senso, Antonio Larrea, director xeral de Naturleite, subliñou esta mañá “o esforzo que está facendo toda a cadea, en especial, os nosos gandeiros. Seguen traballando día a día para entregar o seu leite, pois as ganderías teñen que continuar con normalidade, os seus animais teñen que seguir comendo e sendo muxidos e a nosa produción non pode parar”.

Engadiu ademais que “na nosa fábrica estamos facendo todo o posible para incrementar a produción e contestar rapidamente á demanda dos consumidores e, por suposto, os transportistas tamén seguen traballando a reo para levar os produtos ata os lineais de Mercadona. A cadea soubo responder a esta crise, poñemos en valor o seu labor e o esforzo de todos os seus empregados, son parte estratéxica e teñen gran responsabilidade en abastecer todos os días os cidadáns”.

En Naturleite xa foron adoptadas medidas extra de seguridade desde hai unhas semanas e Larrea transmite neste momento “tranquilidade aos consumidores. Pois todo o sector lácteo, todas as persoas ligadas a este proxecto, estamos implicadas para poñer en circulación máis leite do habitual, aportando o mellor de nós mesmos”.