Aviso de cookies

Este sitio web guarda pequeños fragmentos de información (cookies) en su dispositivo con la finalidad de ofrecer un mejor contenido y para finalidades estadísticas. Usted puede desactivar el uso de cookies modificando la configuración de su navegador. Navegar por nuestro sitio web sin cambiar la configuración del navegador hace que usted nos esté autorizando a guardar esta información en su dispositivo.

Estoy de acuerdo Ver política completa


Naturleite, recoñecida co selo Galega 100 %


17.02.2021. A empresa Naturleite, afincada en Meira (Lugo), acaba de conseguir a marca de calidade Galega 100 %

Recollen cada ano máis de 115 millóns de litros de leite a 120 ganderías galegas, todas da provincia de Lugo e situadas a menos de 40 quilómetros de distancia con respecto á fábrica, que transforman baixo estritos controis de calidade para elaborar un total de 11 referencias, entre leites clásicos, sen lactosa e frescos, que embotellan en envases 100 % reciclables.

Naturleite produce para o seu cliente Mercadona e cobre a demanda dos consumidores de todo o país a través de plataformas situadas en Villadangos del Páramo (León), Vitoria-Gastéiz (Álava), Zaragoza, Huévar del Aljarafe (Sevilla), Granadilla de Abona (Tenerife), Ingenio (Gran Canaria) e as recentemente incorporadas Sant Sadurní d´Anoia (Barcelona) e Ciempozuelos (Madrid).


REQUISITOS PARA SER GALEGA 100 %
O Laboratorio Interprofesional Galego de Análise de Leite (Ligal) é o titular da marca de garantía Galega 100 %, cuxo obxectivo é que as empresas poidan garantir aos consumidores que a materia prima principal dedicada á elaboración de leite e produtos lácteos procede exclusivamente de explotacións inscritas no Rexistro de Explotacións Leiteiras de Calidade Diferenciada, creado mediante o Decreto 57/2010, de 8 de abril, as cales cumpren os seguintes requisitos: estar en posesión da carta verde de saneamento gandeiro, dispor dun historial de cumprimentos acreditado en parámetros que garanten a calidade do leite e non ser sancionadas por incumprimentos en materia de condicionalidade, sanidade e benestar animal e seguridade alimentaria durante os últimos seis meses. 

En canto á trazabilidade do produto, o selo Galega 100 % tamén certifica toda a fase de proceso desde a produción na explotación ata a entrada no centro de transformación a través do establecido no Real Decreto  217/2004, de 6 de febreiro, polo que se regulan a identificación e rexistro dos axentes, establecementos e colectores que interveñen no sector lácteo, e o rexistro dos movementos do leite. Os operadores terán que certificar ademais a dispoñibilidade efectiva dun sistema que garanta a trazabilidade dos produtos desde a transformación ata o punto de venda.

Así, a marca Galega 100 % non só identifica a orixe do leite dos produtos elaborados en Naturleite senón que é un selo de calidade que avala todo o proceso de produción, desde a súa orixe en granxa ata o seu consumo.