Este sitio web guarda pequeños fragmentos de información (cookies) en su dispositivo con la finalidad de ofrecer un mejor contenido y para finalidades estadísticas. Usted puede desactivar el uso de cookies modificando la configuración de su navegador. Navegar por nuestro sitio web sin cambiar la configuración del navegador hace que usted nos esté autorizando a guardar esta información en su dispositivo.
Estoy de acuerdo Ver política completa
A directora xeral de Naturleite, María Jesús Peteira Quintas, e a conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático da Xunta de Galicia, Ángeles Vázquez Mejuto, asinaron hoxe en Meira (Lugo) a adhesión da empresa á Alianza Galega polo Clima.
Trátase dunha iniciativa autonómica que agrupa a 229 entidades públicas e privadas da comunidade que comparten un mesmo obxectivo: sumar esforzos para reducir as emisións de gases de efecto invernadoiro, avanzar na transición ecolóxica e frear o cambio climático.
Durante o acto, a conselleira destacou que cada vez máis empresas galegas, como Naturleite, entenden a importancia de traballar xunto á Administración e outras organizacións sociais para camiñar cara a unha Galicia máis forte, verde e sostible, comprometida coa neutralidade climática no 2040, unha década antes do prazo fixado pola UE.
Pola súa parte, a directora xeral de Naturleite subliñou o compromiso da compañía coa sustentabilidade e o respecto ao medio ambiente, lembrando que nos últimos anos se investiron máis de 2,1 millóns de euros en actuacións de eficiencia enerxética, redución de consumos e melloras tecnolóxicas. Grazas a estas medidas, a planta de Meira conseguiu diminuír un 30 % o consumo de gas, un 25 % o consumo eléctrico e reducir de maneira significativa o uso de auga, evitando a emisión de máis de 430 toneladas de CO2 ao ano.
Tras a sinatura, responsables da Consellería e do equipo directivo de Naturleite realizaron unha visita polas instalacións da planta de Meira, onde puideron coñecer de primeira man a actividade da empresa no envasado e comercialización de produtos lácteos.
Naturleite, pertencente ao grupo COVAP, traballa con arredor de 130 ganderías galegas de proximidade e conta cun equipo de máis de 90 profesionais na planta de Meira. A compañía reafirma así o seu compromiso coa calidade, o emprego local e a sustentabilidade como piares do seu modelo de crecemento.