Este sitio web guarda pequeños fragmentos de información (cookies) en su dispositivo con la finalidad de ofrecer un mejor contenido y para finalidades estadísticas. Usted puede desactivar el uso de cookies modificando la configuración de su navegador. Navegar por nuestro sitio web sin cambiar la configuración del navegador hace que usted nos esté autorizando a guardar esta información en su dispositivo.
Estoy de acuerdo Ver política completa
A fábrica de pensos de Naturleite, NaturRego, aposta pola tecnoloxía e a intelixencia artificial para mellorar a produción e a xestión do transporte de pensos a granel na súa fábrica.
En colaboración con Optimuu, startup galega especializada en dixitalización no sector leiteiro, a compañía puxo en marcha un innovador proxecto baseado en modelos de Machine Learning capaces de predicir a demanda de penso dos seus clientes.
Grazas a esta iniciativa, búscase optimizar a planificación da produción e a loxística, reducir desperdicios e custos por sobreprodución ou desabastecemento, garantir un subministro eficiente e adaptado ás necesidades do sector e reforzar a relación cos gandeiros mediante un servizo máis áxil.
Para validar esta tecnoloxía, xa se está traballando con catro gandarías piloto, entre elas, Charent Ganadera, en Guntín (Lugo). Esta mañá, a directora xeral de Naturleite, María Jesús Peteira; o director técnico de NaturRego, José María Díaz; a directora de Servizos Técnicos de Campo en Naturleite, Matilde Hernández; o técnico de Campo de Naturleite, Ángel Castro; xunto a Aina Mena e Adriana Correddu, CEO e veterinaria de Optimuu, respectivamente, visitaron as súas instalacións para coñecer a experiencia de primeira man.
Esta unión de Naturleite e NaturRego con Optimuu permitirá progresar na automatización de procesos, o que supón unha grande oportunidade para seguir reforzando a eficiencia dos seus procesos produtivos.